sábado, 25 de julho de 2009

CRÒNICAS DUM GALEGO EM PORTO (e V) E O SOBERANISMO CERCADO NO TOURAL PELA POLÌCIA ESPANHOLA!

De volta jà na pàtria pequena, à outra penso voltar muito mais. Para mim Ìtaca comeza, novas intencioes e percursos começam. O balanço em Porto è bom, mas o nível da Turma C deveu ser melhor (a supostamente mais avançada e a metodologia muito anticuada) e as relaçoes com boa parte dos estrangeiros fora da faculdade nao era muito fácil. Com todo quedam bons passeios, emails de colegas, viagems a céus novidosos e o início da lusofonia...
Estou a digerir agora as coisas mas e volta na sexta, ontem dia 24 a Vigo foi muito chato. Castelhano atè na sombra da bananeira... Cheguei no comboio ( 3 horas e 20 minutos de Porto a Vigo, que marabilha de comunicaçao ! e depois falam do Eixo Atlântico e da modernidade...) e muito cedo para Compostela, o berço de Prisciliano. Uma vez lá falei com bons amigos e gostei da pre-manifestaçao e depois também.Fui á manifa mais autêntica, a de Causa Galiza. E gostei de ouvir a palavra AUTODETERMINAÇAO... já nao lembrava que existia. Isso sim, AS PALAVRAS PODEM FERIR, CONCIENCIAR E MUDAR AS COISAS: a praça do Toural estava literalmente cercada por muitos polícias antidisturbios. Viva a democracia !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!1
Gostei das conversas e duma poetisa galega-Catalá: Raida. Merquei o seu novo libro poético, uma coisa muito selvagem, gostei dos primeiros versos e do ar novo e fresco!! falarei na seguinte mensagem da minha impressao. Na Catalunya o Independentismo, Soberanismo melhor, está a fazer muita forza e vá ter presença parlamentária. E em Galiza???? Se andamos ao melhor muita força de ocupaçao pode estar lá, isso seria chato mas se cavalgamos é que vivemos e ladrem os caes ... Saude e língua!

domingo, 19 de julho de 2009

CRÓNICAS DE UM GALEGO EM PORTUGAL (IV)

Há dias que não posso escrever, ocupado e o meu módem não trabalha em Portugal... Hoje quero falar de 10 coisas:
1) Como gostão os portugueses das pastelarias, há cada pouco e eu ca tentação a cada pouco, bua
2) A minha professora de Português não pôde faze-me calar quando se me pregunta pelo meu pais... não é Espanha. Já o levo dito 100 vezes... já sabe algo mais. Isso fai pensar que os galegos devemos fazer-nos ouvir pelo mundo e como disse Castelao pela sua estadia em New York, as vezes pensa um que o meu pais não existe para muitos. Aos muitos alunos estrangeiros do curso nem lhes soa a nada Santiago e senão pois a explicar... Por certo, numa visita guiada pela zona velha de Porto boa a fissemos um catalá e eu, sobre todo um servidor. A alunos de Holanda e outros paises falamos-lhes de Freedom for Galice e assim... jajajjajj. Até o chófer do autocarro acreditou na autoderminação dos povos!!! e ao sair um português diz se eu era Vasco....
3) Fui na sexta feira de jantar e podo dizer que cada vez gosto mais de Polonia, buffffff e da Eslovénia também vi uma beleza muito chamativa.
4) Não me lembrava de uma conversa com 4 alemães sobre a beleza, a imortalidade e já não sei que mais em tantas horas... e com vinho de Porto e em Português. A nossa língua é internacional.
5) É muito chamativo o contraste em Porto dos ricos (muitos ) e os arrumadores ( unhas 200 pessoas que indicam o lugar para encostar os carros) e pelas noites a gente a dormir onde pode..
6) Estou a andar muito, 3 ou 4 horas diárias e já sou um portuense mais (fui ver o Porto- Mónaco ). Quanta paixão têm o Portista pela sua equipa, o Dragão quase cheio e muito bom, e se cos seus políticos os poupassem assim???
7) O curso remata e tenho a sensação de começar depois de voltar a assimilar coisas.
8) Probei coisas, isso sim, da francesinha não gosto muito mas as tripas não penso nem mirar.... vou ser vegano...
9) Como cambiam os tempos, antes os universitários (algúns) queriam cambiar o mundo e agora no curso vam por livre e é dificil combinar ou fazer coisas juntos. A globalização e cada um no seu universo .
10) Não boto de menos o castelhano ...... esta si é uma sociedade normalizada, mas sim Galiza, tchauuuuu

A XUNTA pregunta aos Papás:

A XUNTA pregunta aos Papás:
"El Gallego te es malo": Opcióm a) SI, rápido. b) SI, lento e com dolor !

CANTO SABES SOBRE GALIZA? TESTE DE GALEGUIDADE:

  • a catedral mais antiga de Espanha?
  • A praia galega mais longa?
  • O acantilado mais alto de Europa continental?
  • O lugar mais ao norte da peninsula?
  • O unico rio de Europa que desemboca en Fervenza?
  • Onde esta o maior bosqe de loureiros de Europa?
  • onde esta o melhor bosqe de teixos do sur de Europa?
  • Onde estan os bosque de acibros mais importantes da Peninsula?
  • Onde estan os fentos xigantes silvestres de Europa
  • onde se ubican os castinheiros mais altos de Europa?

O Presidente da Xunta deroga todas as leis que defendem ao Galego..

O Presidente da Xunta deroga todas as leis  que defendem ao Galego..

A nossa toponimia deturpada: corrixe e colga algunha aberrante !

A nossa toponimia deturpada: corrixe e colga algunha aberrante !

--SUPERCAMPAÑITAS, (Anxo Lorenzo, novo Secretário xeral de des- Política Linguística)

--SUPERCAMPAÑITAS, (Anxo Lorenzo, novo Secretário xeral de des- Política Linguística)
Há que boicotear os seus actos lendo os seus artigos!!

NOM AO APARTHEID AOS QUE FALAMOS GALEGO, O PP NOS QUERE DESAPARECIDOS ...

Si se confirma a amenaza de Feijóo, en adiante a lingua volverá aos niveis de hai 30 anos. Non ian de bilingües? queren elIminar unilateralmente o decreto do ensino que garante o 50% das materias en galego( cousa que só cumplía o 25% dos ies do pais). Para mais inri o Frijolito(Feijóo) participou na manifa de Galicia Fachilingüe de hai 3 semanas en Compostela. E este finolis de Madrí vai ser o presidente de todos os galegos? Non sabe que o noso estatuto di que a lingua propia dos galegos é o galego? e así poderíamos seguir enumerando toda a legalidade que a priori amparaba á nosa lingua ( en teoría, o Bng e o Psoe nunca apostaron por levala a cabo).
O triste é que sexa rendíbel para o PP este tema, saben que unha parte dos urbanitas prefiren non contaminarse co galego, non o queren no ensino. SEGUIREMOS INFORMANDO...


--E de que rim? ah da caza e captura do idioma galego..

--E de que rim? ah da caza e captura do idioma galego..
Bonita foto, a Academia Galega traga e di que todo vai bem, jajajaj

OS COLABORACIONISTAS DO VICHY GALEGO: A RAG..

Que bonito é ser barriga chea e pelota do poder. A nómina é longa: a Real (faltaria) Academia Galega da lingua conservada en formol, o Consello da cultura Galega da sumisión, O Ramón Piñeiro... onde se meteron estes anos de alarmante retroceso no número de galego-falantes e que van facer agora? ah, por qué non protestaron ante Touriño ou Feijóo ante o seu nulo apoio polo idioma, ah que inocente son....

ESPAÑA OU O EXTERMINIO DAS LINGUAS PERIFÉRICAS

Acaso o galego non é tan lingua española como o castelán? España segue o modelo centralista e lingüístico francés, pero con cen anos de demora. O xacobinismo trala era de Aznar ten acollida hoxe. Os que falamos un idioma diferente ao castelán non somos respeitados... España incumple a carta europea das linguas minoritarias. Ante calquera avance das linguas periféricas o facherío centralista reaxe con enerxía. O xenocidio cultural está ai... O franquismo sociolóxico na sociedade española é evidente: o papel do exército segue a ser impor-tante, o concordato e o patrocínio ca igrexa católica é vixente e escandaloso (por certo, patético seguir vendo misas televisadas os domingos nun estado laico). O Consello do Poder Xudicial é o garante da censura e o control da sociedade, os medios de comunicación son o sensacionalismo e o brazo armado da difusa idea de España, a monarquía é a institución mais rancia e profundamente antidemocrática de hoxe en dia (por certo canto cobran, por que non se lles pode criticar?, curioso ou non que fosen presentados en sociedade na praza de oriente ao lado de Franco no 1969?).

QUE ALIVIO A LINGUA XA NON ESTÁ IMPOSTA, SOMOS MINORIA..

É unha satisfacción comprobar como o Galego xa non vai ser amparado pola lexislación (o PPG tivo o valor de cometer este xenocidio cultural) e cos novos dados do Mapa sociolingüístico de recente aparición (ai curioso xusto despois das eleccións) xa é a lingua minoritaria do país. Agora xa non se poden amparar eses galegos radicais, agora xa son mais os casteláns falantes que se negan a cambiar en Galiza ao Galego.... non vaia ser que se lles pegue algo.. Agora xa non sodes maioría e vos podemos aillar nunha reserva india. Viva España monolingüe e popular!!!

O DECÁLOGO DO BNJÁ NO PODER:

1) Amarás o poder sobre todas as cousas.
2) Non desexarás a morte do idioma, só que esmoreza.
3) Encherás o país de canteiras e parques eólicos.
4) A UPG segue a ser marxista, é fan de Groucho Marx.
5) Desexarás sobre todas as cousas as liberacións e a moqueta.
6) A cidade da cultura é o novo deus.
7) La Voz e a prensa en castelán terán o teu apoio.
8) Non pretenderás que haxa escolas en Galego, para que?
9) Non te deitas co gran capital, xaces con el.
10) A palabra que mellor te define é adáptome...

QUE LHES PASA A ALGÚNS GALEGOS CO PORTUGUÉS???

É curioso, o Portugués moléstalles a algúns galegos e o castelán non.. o isolacionismo é o ideario. Curioso que mais de 500 anos despois calquera galego entenda un texto en portugués? por moito que haxa diferenzas arbitrarias na grafía, ese xesto de enfado ante o mundo lusófono demostra que somos Michael Jackson. Disimulamos as nosas orixes non vaia ser... falando o outro dia cun amigo ironizaba dicindo co cantante americando ao mellor é un adiantado nisto.. os galegos , mellor dito algúns, son adiantados no temor ante o seu espello. Temen que se reflexen de mais ante un mundo de 200 millóns de falantes e que xa non sexa un chiringo de pouca xente escollida... Eu leo a Pessoa no meu idioma, senón o escribo será inseguridade ou escusas pero é o mesmo disfruto de Pessoa no meu-seu idioma. E ti isolacionista galego?

O XENOCIDIO DE PALESTINA e O ANTISEMITISMO

Dá noxo comprobar como os oprimidos do mundo son sempre os mesmos:Palestina eternamente arrasada por Israel. o lobby xudeu en USA e o cómplice silencio da ONU e a Unión Europea fan o resto.
Por qué non escolherían como terra prometida o deserto de Australia ou a Antártida? Por qué seguen ca chantaxe do xenocidio nazi para calar ante o mimético resultado? Por qué casualmente os pozos de auga de Palestina entraron dentro da construción do muro da vergonha?
É espeluznante a imaxe da cabeza dun neno palestino saíndo dunha casa feita escombros ou a trece membros dunha familia mortos e colocados en fila...
Onde está agora o impresentábel do Valadés que utilizou a sua expulsión do BNG para laiar-se do mal que tratan a ese pobo. Onde están os miles de galegos que manifestaron pola guerra de Irak, acaso non había soldados españois polo medio? Non quedáramos en que podían convivir os dous estados? Non queda claro que ou se pacifica esa zona ou é un polvorin atroz a nivel mundial? As veces da noxo ser parte do xénero humano...

AS 5000 MULLERES NO ACTO DE QUINTANILLA E OUTRAS DIGRESIÓNS

Un en sonos desexou que o acompanhasen varias mulheres? Vai ti saber... pero o populismo barato de Quintanilla con tal da búsqueda do voto é patético. Fraga abriu o macroespéctaculo do festorrio gastronómico-eleitoral e os demais van detrás. Como poderian vender este acto aos insignes afiliados do BNG? Isto é progresismo (de esquerdas?). Agora o galeguismo gosta da garavata, as boas formas e directamente levar a xente como ovelhas ás urnas. Que dizer dos perto de 100 buses e comida que pagamos todos. O resto nin é debatíbel....
E que me dicides da iniciativa conxunta de PP e PSOE para que o bloque non levase unha iniciativa a favor do galego no Bierzo. O Dito somos un potencia en valados mentais e colonización castelán carpetovétonica. Noxo de novas contra a dignidade do idioma. A fronteira española veu despois, abandonémos aos falantes irredentes. Feito. Pero non nos enganemos, PP e PSOE a mesma merda é, como tamén o é o BNG que pacta até as zapatillas en Madrid, Santiago o co ínclito Orozco en Lugo, o mesmo que non quere unha Galiza Normalizada. Habemus cacique supostamente filósofo e na superficie político cutre e próximo ao cidadán...

-XOGARÁ GALIZA A CLASIFICACIÓN MUNDIAL?

-XOGARÁ GALIZA A CLASIFICACIÓN MUNDIAL?
-Goste ou nom o fútbol é creador de identidades e do pouco papel dos países no capitalismo. OUTRA COUSA É FALAR DA NOVA CHAPUZA DE CULTURA AO CONTRATAR A CHILE, partido suspendido por non facer ben as cousas coa federación senón co sindicato de xogadores. Novo ridículo, despois Angola e estes non tenhen os visados... o ano pasado a chantaxe de Camerún. No entanto, Os siareiros percorremos moitos kms. O modelo de partidos anuais está caduco, debe xogarse con Catalunya ou facer un campionato de nacións sen estado. AH! e encher o campo, regalar entradas ou ir aos clubes. Comecen a organizar as cousas meses antes. DEMISIÓN BUGALLO E CIA

A lingua galega no concello de Chantada

Quere vostede ter un documento en galego no Corazón de Galiza? Pois apanhado vai. O señor secretario ou algún funcionario con odio interiorizado non lho farán fácil. Quere vostede ver a vida municipal normalizada en Galego? Pois vaia a Polonia a ver se hai sorte. Iso si, a coherencia lingüística de varios membros da lista do BNG ... ande eu quente e ríase a xente. Predicar e dar exemplo debe ser duro de integrar. A praticidade chega ao extremo de non normalizar a palabra Concelleiro por parte dos políticos do concello e seguir poñendo concellal, es que no se te entiende esto del gallego....

- "EL BNG Y EL GALLEGO..."

Duas notícias destes dias demostran como se quitou este partido de dereitas burgués a careta con respecto á lingua:
- Evitan e dilatan a edición do xenial Sempre en Galiza na nova norma da lingua portuguesa, "no vaia ser que te lo entiendan en Brasil". A NOSA LINGUA VIVE E FLORESCE EN PORTUGAL, dixo Castelao.
- O segundo feito é o apoio do BNG ao Xornal, feito en castelán e de recente saida. Con un par de...
Poderia-se entender que noutras conselherias como Industria o papel da Xunta ante Europa ou a empresa privada é pouco, pero chegar a uns pontos de mínimos co PSOE á hora de loitar por un futuro para a lingua é evidente. Cal é a política do BNG no goberno? calar ou delegar na Mesa o papel de poli mau. Onde están as escolas en galego tipo ikastola ou o xornal en galego. Por que non se aproveita o bipartito para sentar as bases de algo? Dos partidos españois non esperamos nada, pero dos pactictas ben se ven o que fan...

OS SUSÓNIMOS (bautizando aos famosos, do colega suso):

  • Xosé Carlos Caneiro.......... X. Carlos Canario
  • Unión Fenosa.................. Unión Penosa
  • Touriño............................ torito
  • Radio nacional...................... radio nazi
  • Quintana........................ Quintanilla
  • Os 40 principais.................. os 40 machacantes
  • Méndez Ferrín................... Mendez serrín
  • La Región.............................. La legión
  • izquierda unida.................. izquierda undida
  • gayoso............................... baboso
  • Galiza nova..................... Paliza Boba
  • Enrique Monteagudo............ Enrique puntiagudo
  • El correo gallego....................... El zorreo
  • Convergencia i unió................ conveniencia
  • Centro dramático Galego............... Centro traumático..
  • CCOO.................................. Concesiones obreras
  • borbón.............................. bobón
  • A. Santamarina.................... A.santamarrana
  • A Nosa terra.............................. Nuestro terruño

estes son meus

  • gloria empalago
  • Psoe.............................................. Peidosoe
  • Manuel Fraga.............................. Manuel Traga
  • Diego Maradona........................... Diego Metadona
  • galicia bilingüe.............................. galicia fachilingue